Falleció en Carballo el día 2 de marzo de 2018. Presento aquí, una pequeña reseña y me encomiendo a su intercesión.
Conocí a D. Eusebio
por los años 56-59, en el propio seminario. En aquel momento éramos muchos los
que nos sentíamos llamados al sacerdocio.
Se pensaba que
aquella abundancia, era fruto de los
numerosos mártires de la persecución religiosa
de los años 30-39. De hecho los que se ordenaron en aquellas promociones tan numerosas,
son los que sirvieron a la Iglesia en
esta diócesis y aguantaron el peso del
día y del calor. Todavía ahora hay bastantes en activo.
Recuerdo de D. Eusebio que, en aquel entonces, era muy aficionado al deporte en especial el futbol. Estaba enterado de cómo iba la liga
y los equipos y, durante la semana,
preparaba con mucha ilusión las quinielas, aunque creo que era sólo para saber si conseguía
acertar los 14 resultados, pero habitualmente no las enviaba.
Éramos unos 7 en una de aquellas salas con camarillas independientes,
llamada Torreta, y él estaba en una habitación oscura, pero se le veía contento
y comunicativo.
Después ya poco supe de él, pero hay una entrevista en la
Voz de Galicia que le retrata acertadamente en sus metas sacerdotales y
humanas. La pongo al final.
Los últimos días los pasó en Carballo bastante pendiente de
los médicos y atendido espiritualmente por el párroco D. José García Gondar,
que le llevaba la comunión a diario. Falleció en casa de una hermana quien le
atendió hasta el último momento.
Que el Señor, a quien prestó sus manos y su palabra y dio su
vida, le recompense en la Vida eterna.
Entrevista de la Voz.
Sheyla
Bermúdez S. G.
Carballo / La Voz 29/08/2017
Carballo / La Voz 29/08/2017
Eusebio Calvelo Sánchez (5 de marzo de 1937), natural de Carballo,
ordenouse sacerdote no ano 1959. Agora, 58 años despois, pediu a renuncia
canónica.
-¿Dálle pena xubilarse?
-Aínda non estreei a xubilación. Estou á espera de entregar as chaves, pero
non me dá pena. Penas xa tiven moitas.
-¿Por que decidiu ser cura?
-Xa nin o recordo. Por vocación, quizais.
-¿Cantas parroquias levou?
-Levei ben delas. Unhas sete ou oito. A primeira foi en Barbanza e non
había luz nin estradas. Despois, Abegondo, Cabanas, San Martiño do Porto, San
Paio (Coristanco), estiven oito anos na Coruña e levo 33 anos na de Ardaña e
sete en Erbecedo. Recorrín bastante mundo. Tamén estiven en Bos Aires.
-Non todos os sacerdotes poden oficiar en Arxentina. ¿Que lembra sobre a
súa estancia alí?
-A vida en Bos Aires é algo distinta aquí. Había máis pobreza. A xente ten
outra forma de ser, pero é tan amable ou máis que a de aquí. A cousa é un pouco
distinta porque hai outras necesidades. Se cadra tocábache traballar para unha
gardería, ou algo así. Había barrios moi pobres. Entre a capital federal e o
que era Bos Aires, estaba Avellaneda. Unha vez tiven que axudarlle a facerlle a
casa á familia dun neno que morreu. Iso impáctache un pouco, pero alí no
momento era normal.
-Vostede dirixiu a Coral de Bergantiños. ¿Que recordos garda?
-Naqueles tempos gustábame moito a música. Agora xa non tanto. Antes
gustábame cantar e iso. Xa hai máis de 30 anos diso.
-¿Ten algún plan para agora?
-Plan, ningún. Viaxes xa tiven abondo. Terei que programarme porque, se
non, abúrrese un. Agora estou máis libre, podo facer o que quero e tamén
axudar, naturalmente.
-Se tivese que escoller un momento da súa vida, ¿cal sería?
-Cando empezaba, quizais. Daquela non había perigos nin medo a nada. Na
primeira parroquia que levei, como che contaba, non había luz nin estradas.
Houbo que traer a luz e ir pouco a pouco.
-¿Cambiou moito a Igrexa?
-Home, claro que cambiou, e cambia. Cambiou ata certo punto. Debía cambiar
máis porque o fai moi lentamente. Debería cambiar para mellor.
-¿Como é a vida dun sacerdote?
-É unha vida normal, só que tes que estar entregado. Os demais teñen que
traballar e nós tamén. Os curas deberían traballar máis para non depender da
xente.
-¿Que foi o que máis lle gustou da súa vida?
-O que máis me gustou foi a música, facer coros por aí. Neso si
simpatizaba, e gustábame.
-E no seu tempo libre, ¿que facía?
-Non había moito tempo libre. A vida foi un pouco rápida. O tempo pasa moi
rápido. Parece que foi onte, pero todo pasa, como a auga do río.
-¿A súa familia, que pensa?
-Sempre me apoiou. Tiven unha tía monxa e miña nai tamén era moi devota.
-¿Que cambios faría nos costumes relixiosos?
-Que a xente fora un pouco máis consciente e deixar esas cousas de vestir
aos rapaces de voda para as comuñóns. Debería desaparecer iso de vestir de
noivas ás nenas, pero está aí metido na sociedade. Debíanse facer as cousas
ben, como xa se fai en Carballo, e non armar un espectáculo con iso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario