lunes, 23 de octubre de 2023

A Confradía da Humildade e a parroquia de S. Xoan

 



 Cando a confradía da  Humildade quixo formalizar a sua presenza en S. Xoan, quixen coñecer do papel das confradías nunha parroquia. Por iso escribinlle a un cura  amigo  de Córdoba que coñecin na Casa Sacerdotal para pedirlle informacions, porque en Andalucía as confradías teñen moita tradición.

Este cura respondeume daxiña enviándome 5 libros que falaban de este tema. O primeiro que collín leva por título La identidad del cofrade. No me defraudou e copieille algunas ideas que considerei útiles para nos.

Mostra, este libro,  cómo as confradías axudan moito o florecemento da vida cristiá entre nos  e siguen facéndoo. Solo por iso xa vale a pena coidalas.

Igual que outros grupos eclesiásticos  están chamadas a tarefa envanxelizadora segúndo o propio espíritu da cofradía.

 Son asociacións públicas de fieis,  cununha finalidade  moi clara: o culto da  Egrexia, o apostolado, a santificación dos seus membros e as obras de caridade. Como todo  Cristián o cofrade está chamado a ser misioneiro no seu  entorno, na familia e no traballo.

Si loitamos por levar todo esto a vida da Cofradía, Deus estará contento  e a Virxe protexerá  a todos os irmans cofrades e os seos amigos.

Víctor Sánchez Lado

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario